Nestes momentos non hai cursos pendentes de celebración no Concello
O Concello de Vimianzo rematou os traballos de remodelación do firme da vía que une Reparada e Castromil, na parroquia de Salto. Actuouse nun total de 520 metros de lonxitude e 3,50 metros de ancho, e contou cun orzamento de 32.123,62 euros. Empregouse aglomerado en quente dun espesor de 6 centímetros.
Para isto, reparáronse previamente os baches e perfiláronse as mordentes con grava e un tratamento asfáltico semiprofundo. Limpáronse as gabias e salvagabias coa recuperación da súa sección hidráulica, permitindo a correcta drenaxe lonxitudinal e transversal do camiño, a correspondente sinalización horizontal, a colocación dun sinal de STOP e a instalación dunha barreira de seguridade.
O edil de Obras, Miguel Ángel Pérez, constata que “estas intervencións eran moi demandadas pola veciñanza tanto de Reparada, de Castromil e da contorna da parroquia de Salto. Continuaremos os vindeiros meses executando traballos que melloren as conexións inter parroquiais e optimicen os servizos no noso rural, das 14 parroquias que nos conforman”, comentaba.