21-11-2022
Vimianzo estreará a pista de xeo o vindeiro 16 de decembro, aínda que estará operativa desde o día 14
O Concello de Vimianzo estreará de maneira oficial a pista de xeo o vindeiro 16 de decembro, aínda que estará operativa desde o día 14. a súa pista de xeo natural na praza do Concello. Será de xeo natural novamente e a segunda vez que este equipamento se instalará no municipio.
Desde o 14 ata 0 22 de decembro convidarase ao alumnado de Camariñas, Vimianzo e Zas para que poida gozar desta actividade totalmente de balde en horario lectivo. Estará instalada ata o 8 de xaneiro.
Será obrigatorio o uso de guantes. Proporcionaranse calzas de plástico desbotables e desinfectaranse os patíns despois de cada uso.
Desde o goberno local sinalan que “se trata dunha actividade que tivo moito éxito o Nadal pasado, e desta volta, xa case esquecida a pandemia, estamos seguros e seguras que poderemos gozar desta instalación dunha maneira sá para que as familias poidan botar un bo anaco celebrando estas Festas”, sinalan.