Concello de Vimianzo
27 de novembro de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Novas

09-11-2022

Vimianzo presume de sabor en XANTAR enxalzando as súas dúas Festas de Interese Turístico Galego

O Concello de Vimianzo participou novamente no Salón Internacional de Turismo Gastronómico, XANTAR, que se celebra do 9 ao 13 de novembro en Ourense. Foi hoxe cando o cociñeiro local Fabián Mouzo, de 14:45 a 15:30 horas, comandou a degustación tanto de callos de Carnés como dun Pincho Irmandiño, nun espazo reservado para Festas de Interese Turístico.

Precisamente a Faguía e o Asalto ao Castelo estiveron presentes neste Salón Gastronómico tamén para satisfacer o sentido do gusto. A receita dos callos é sobranceiramente coñecida. Para o pincho, Fabián elaborou un ‘canelón’ particular, xa que non leva pasta, senón unha filloa feita con fariña de castaña, “xogando un pouco con produtos da temporada do Magosto”, sinalaba Mouzo, dándolle “un toque máis doce”. 

O recheo estaba conformado por migas de carrilleira de vaca de Montecelos, o guiso propio desta carne e uns cantarelos, unha especie de cogomelos recollidos nos propios montes vimianceses. A bechamel, con queixo galego, como non, e a salsa do estofado. 

Desde o Concello aseguran que a participación en XANTAR “é un privilexio, porque axuda a posicionar o noso patrimonio cultural, como é a Faguía de Carnés e o Asalto ao Castelo de Vimianzo, celebracións declaradas Festas de Interese Turístico Galego, pero ademais a nosa gastronomía, moi vencellada á nosa cultura e a dúas celebracións que son moi nosas”, apuntaron desde Ourense Mónica Rodríguez, Rosa Blanco e María José Pose.

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- novembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
1
2
3
4
8
9
10
11
12
13
14
15
18
19
20
21
22
23
24
25
26
 

Perfil de contratante
Boletíns
Museo Virtual SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte Grupos de Acción Costeira
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X