07-11-2022
A mostra de Viki Rivadulla ‘Atlánticas. Mulleres de Nordés’ chega a Vimianzo o vindeiro 11 de novembro
A mostra de Viki Rivadulla ‘Atlánticas. Mulleres de Nordés’ chega o vindeiro 11 de novembro a Vimianzo. Poderase contemplar na Sala de Exposicións Antón Mouzo da Casa da Cultura ata o 15 de decembro de 2022. A inauguración será este mesmo venres ás 20:00 hora da tarde.
Está composta por 30 acrílicos pintados entre 2020 e 2021 e nace como unha declaración de principios e toma unha posición ante unha forma de vida e unha cultura do mar da que a autora forma parte polo legado e por desexo, que é intrínseca o ser da Costa da Morte.
De modo moi intenso, a presenza do lugar onde vive, Muxía, está presente en todo o proxecto. Pero é un microcosmos exportable. Metáfora de moito máis.