Concello de Vimianzo
27 de novembro de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Novas

03-11-2022

Vimianzo estará presente nunha nova edición do Salón Internacional de Turismo Gastronómico, XANTAR

O Concello de Vimianzo participará novamente no Salón Internacional de Turismo Gastronómico, XANTAR, que se celebra do 9 ao 13 de novembro en Ourense. Será o vindeiro mércores, de 14:45 a 15:30 horas, e realizarase unha degustación no espazo reservado para Festas de Interese Turístico.

Será, doutra volta, da man do cociñeiro local Fabián Mouzo, que elaborará dous pratos: os callos da Faguía de Carnés e un pincho irmandiño, en relación o Asalto ao Castelo. Ambas están recoñecidas como Festas de Interese Turístico Galego e a que conmemora a Revolta Irmandiña, o Asalto, cumpriu neste 2022 vintecinco edicións. 

Desde o Concello aseguran que a participación en XANTAR “é un privilexio, porque contribúe a posicionar non só o que temos a nivel patrimonial, tamén unha gastronomía moi vencellada á nosa cultura e a dúas celebracións que son das máis relevantes a nivel galego”.

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- novembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
1
2
3
4
8
9
10
11
12
13
14
15
18
19
20
21
22
23
24
25
26
 

Perfil de contratante
Boletíns
Museo Virtual SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte Grupos de Acción Costeira
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X