Concello de Vimianzo
27 de novembro de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Novas

10-10-2022

Vimianzo participará no V Ciclo Nacional de Cine e Mulleres Rurais

O Concello de Vimianzo participará no V Ciclo Nacional de Cine e Mulleres Rurais coa proxección o vindeiro 14 de outubro do filme de Lois Patiño ‘Lúa Vermella’. Será no Auditorio da Casa da Cultura ás 20:30 horas con entrada libre ata completar aforo. 

Trátase dunha iniciativa organizada polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, unha homenaxe ás mulleres rurais que tamén pretende visibilizar o medio rural e facer co partícipes dos seus modos de vida ós habitantes de pobos e cidades. 

O obxectivo desta iniciativa é poñer de relevancia o traballo que realizan as mulleres do ámbito rural. Tamén, busca achegar á poboación urbana a maneira de vida real destes lugares, destacando o papel vertebrador, social e económico das mulleres, propiciando a comprensión e a complicidade entre a veciñanza. 

Un total de 20 propostas cinematográficas integran a mostra que, nesta quinta edición, combina proxeccións presenciais en 70 localidades da península ibérica, e streaming de balde, aproveitando así o potencial de Internet para acadar un público amplo e xeograficamente disperso.

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- novembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
1
2
3
4
8
9
10
11
12
13
14
15
18
19
20
21
22
23
24
25
26
 

Perfil de contratante
Boletíns
Museo Virtual SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte Grupos de Acción Costeira
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X