Concello de Vimianzo
21 de novembro de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Novas

04-05-2012

As persoas con doenzas crónicas inician o programa Bule con Alcer

O concello de Vimianzo e a Asociación Alcer asinaron onte un convenio para poñer en marcha o programa Bule con Alcer, un programa de actividade física e psicosocial par persoas con enfermidade crónica e familiares.
O ximnsasio municipal de Vimianzo serviu de escenario para a sinatura do convenio e a rolda de presentación ante a prensa e ante os próximos usuarios e usuarias deste programa. Estiveron presentes Vicente Seoane, membro da dirección de Alcer, Jorge García, técnico de Alcer, VíctorSantos, técnico municipal, e  o alcalde, Manuel Antelo, quen destacou a importancia da sinatura deste convenio, que terá unha vixencia de 3 anos, que permitirá que aquelas persoas que padezan unha enfermidade crónica teñan a posibilidade de realizar exercicio físico adaptado á súa doenza gratuitamente nas instalacións municipais. Vimianzo é o primeiro concello da Costa da Morte que pon en marcha este programa e o noveno da provincia da Coruña.
As 24 persoas inscritas neste programa, todas elas do concello de Vimianzo, tiveron que realizar unha entrevista médica previa para poder participar neste programa, terán dous días de actividades, os martes e os xoves de 11 a 12.30 horas no ximnasio municipal.

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- novembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
1
2
3
4
8
9
10
11
12
13
14
15
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 

Perfil de contratante
Boletíns
SEA- Suelo Empresarial del Atlántico
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X