Concello de Vimianzo
27 de novembro de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Novas

05-10-2022

O Concello, entidade colaboradora do proxecto medioambiental ‘Diversiplás, + diverso – plástico’

 O Concello, entidade colaboradora do proxecto medioambiental ‘Diversiplás, + diverso – plástico’

O Concello de Vimianzo rubrica o seu compromiso como entidade colaboradora do proxecto medioambiental ‘Diversiplás, + diverso – plástico’ levado a cabo pola Asociación Íntegro, avanzando desde a inclusión para unha Costa da Morte máis sostible. Así, o municipio conta con dous novos colectores, de cor branca para diferencialos do resto, contan cunha lenda explicativa sobre o tipo de residuos que podemos depositar e como facelo. Un quedará instalado no exterior da Casa da Cultura e outro no recibidor da Casa do Concello.

Fixeron entrega á Administración local de dous colectores para residuos, e foron recibidos e recibidas pola alcaldesa, Mónica Rodríguez, e a concelleira de Benestar, María José Pose. Xa a rapazada do Vimiverán participara durante a época estival de varias actividades centradas nas ‘3R’; Reducir, Reutilizar e Reciclar, impartidas por persoas de Íntegro. 

Diversiplás é un proxecto xurdido ao abeiro da iniciativa Tanza, que está coordinado pola asociación Íntegro e conta co apoio do GALP Costa da Morte e o financiamento do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP), a través da Consellería do Mar da Xunta de Galicia.

A alcaldesa, Mónica Rodríguez, e a concelleira de Benestar, María José Pose, salientaron “o relevante deste tipo de iniciativas, para darlle unha segunda vida ao plástico á vez que avanzamos cara unha sociedade máis inclusiva e consciente do contexto que estamos a vivir”, apuntando que “nos parece unha marabillosa idea”.

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- novembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
1
2
3
4
8
9
10
11
12
13
14
15
18
19
20
21
22
23
24
25
26
 

Perfil de contratante
Boletíns
Museo Virtual SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte Grupos de Acción Costeira
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X