Concello de Vimianzo
27 de novembro de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Novas

03-10-2022

Vimianzo, Muxía e Camariñas presentan o cuarto obradoiro dual de emprego conxunto ‘Camiño ao Emprego 2022’

Os Concellos de Vimianzo, Muxía e Camariñas presentaron esta mañá a cuarta edición do obradoiro dual de emprego, denominado “Camiño ao Emprego 2022”. Trátase dun fito histórico, pois ningún concello ata o de agora fora quen de acoller catro obradoiros deste tipo.

A iniciativa, que contará coa participación de 20 alumnos e alumnas, desenvolverase de forma simultánea nos tres municipios, con Vimianzo como promotor. Os certificados de profesionalidade quese repartirán correspóndense cos de “Montaxe de mobles e elementos e carpintería” e “Operacións auxiliares de revestimentos continuos en construción”.

A subvención para realizar o obradoiro concedéuselle ao Concello de Vimianzo por valor de 503. 987 euros, con cargo ao orzamento da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade para o financiamento dos custos de formación profesional para o emprego. Así mesmo, concédense 30.000 euros para 20 incentivos á contratación laboral.

Ao longo destes 12 meses o alumnado realizará diferentes labores de revestimento e carpintería en diferentes localizacións destes concellos da Costa da Morte.
A rexedora do Concello de Vimianzo, Mónica Rodríguez, quixo facer fincapé nas posibilidades laborais que xeran este tipo de obradoiros “que ofrecen unha ampla gama de saídas laborais e permiten aos alumnos e alumnas adquirir novos coñecementos formativos para construír o seu futuro” e “ademais permite que se realicen diferentes traballos de melloras nos municipios que redundan no beneficio de toda a veciñanza” engadiu a rexedora.

A alcaldesa de Camariñas, Sandra Insua, subliñou que “este taller supón unha oportunidade laboral importante nos tempos que corren, e ademais outorga uns certificados que están moi ben valorados nos ámbitos relacionados con estes certificados”. 

O alcalde de Muxía, Iago Toba, recalcou “o beneficio a nivel formativo que estes obradoiros lles outorgan aos participantes ao aprender novas competencias de cara a súa vida laboral, que á súa vez desembocan en novas posibilidades laborais”.

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- novembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
1
2
3
4
8
9
10
11
12
13
14
15
18
19
20
21
22
23
24
25
26
 

Perfil de contratante
Boletíns
Museo Virtual SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte Grupos de Acción Costeira
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X