Concello de Vimianzo
30 de xullo de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Novas

20-09-2022

O Concello licita a mellora dun viario no núcleo de Manlle con cargo ao Plan Único da Deputación

O Concello licita a mellora dun viario no núcleo de Manlle con cargo ao Plan Único da Deputación

O Concello de Vimianzo licita os traballos de mellora dun viario no núcleo de Manlle, na parroquia de Baíñas, con cargo ao Plan Único da Deputación da Coruña en virtude da optimización dos servizos viarios en todo o municipio.

Actuarase nunha superficie total de 1070 metros cadrados, con pavimentación de 15 centímetros de formigón, delimitado con franxas laterais e transversais de granito de 30 centímetros de ancho nunha lonxitude de 125 centímetros, sobre unha base de zahorra de 10 centímetros para a correcta nivelación. 

Para a correcta recollida das augas pluviais instalarase un total de 265 metros de canalización, previa escavación dunha zanxa, e colocaranse 7 pozos e 9 sumidoiros. Para a conexión da rede de pluviais proxéctase unha cuneta revestida de 45 metros de lonxitude, con formigón e zahorra. 

O tenente de alcaldesa, Víctor Muíño, destaca que “o Concello de Vimianzo continúa a executar melloras de gran relevancia e progresivamente en todos os núcleos do noso municipio, de ampla extensión, porque cremos que é o modo de garantir a seguridade peonil e dos condutores e condutoras”, engadindo que “é unha liña de traballo continuísta e que agardamos poder rubricar en próximas intervencións”.

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- xullo +
L
M
M
X
V
S
D
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
18
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
 
 
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
Museo Virtual SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte Grupos de Acción Costeira
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X