Nestes momentos non hai cursos pendentes de celebración no Concello
O Concello de Vimianzo abriu o prazo de inscrición para participar na ‘Noite de petróglifos’, que terá lugar o venres 23 de setembro. As persoas interesadas poderán anotarse ese mesmo día ata as 13:00 horas. Poderá facerse efectivo na seguinte ligazón: https://bit.ly/3eW0vew.
Esta actividade será unha andaina circular de 4,4 quilómetros con saída e chegada na praza do Concello, e contará con guías de excepción, como David Roget e varios membros do colectivo A Rula. A luz das lanternas permitirá ver os gravados con todo luxo de detalles.
Visitaranse o Petróglifo de Somontemio, a Cruz do Loureiro e os Petróglifos do Prado da Cruz. A duración estimada do percorrido é de 3 horas. Será preciso levar lanterna e calzado axeitado para andainas por terreo de montañoso.