19-08-2022
O Concello organizará en outubro unha excursión ao Algarve destinada á terceira idade
O Concello de Vimianzo organizará en outubro unha excursión ao Algarve destinada á terceira idade, concretamente do luns 3 ao luns 10 dese mes.
As inscricións poderán facerse efectivas desde o luns 22 de agosto ata o xoves 1 de setembro de 2022 na Área de Benestar Social. Son prazas limitadas e iranse cubrindo por estrita orde de solicitude. As persoas destinatarias son veciñas e veciños do Concello de Vimianzo maiores de 55 anos.
Por motivos de organización, é imprescindible presentar o DNI en vigor durante as datas da viaxe. Esta actividade inclúe os traslados en autobús ata os correspondentes aeroportos e ata o hotel, voos directos de ida Santiago-Sevilla e volta Sevilla-Santiago, a estancia de 7 noites no hotel con pensión completa, excursión, animación e seguro de viaxe.
Para máis información, pódese chamar ao teléfono 981 70 74 26.