Concello de Vimianzo
27 de novembro de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Novas

04-08-2022

O Concello licita o proxecto de pavimentación do acceso ao núcleo de Castro

O Concello de Vimianzo inicia o proceso de licitación do proxecto de pavimentación da pista de acceso ao lugar de Castro, na parroquia de Salto. O orzamento total dos traballos ascende a 86.258,47 euros, estando financiado con cargo ao Plan de Mellora de camiños municipais 2022/2023 de AGADER. O prazo de execución das obras será de 6 meses e as empresas poderán presentar as súas ofertas ata o vindeiro día 5 de agosto.

No proxecto contémplanse traballos de limpeza e roza de cunetas, actuacións de recheo, aplicación dunha nova capa de rodaxe, obras de drenaxe e a instalación de elementos de sinalización, tanto horizontais coma verticais .

O tenente de alcaldesa, Víctor Muíño, sinala que estas actuacións “permitirán aumentar a seguridade viaria tanto de peóns como do tráfico rodado, continuando co plan do goberno local de mellorar o rural en todos os seus aspectos”.

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- novembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
1
2
3
4
8
9
10
11
12
13
14
15
18
19
20
21
22
23
24
25
26
 

Perfil de contratante
Boletíns
Museo Virtual SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte Grupos de Acción Costeira
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X