03-08-2022
Comezan as visitas guiadas o patrimonio vimiancés o vindeiro 6 de agosto
Así, de martes a venres desenvolveranse as visitas ao Castelo, ás 11:00 e ás 19:00 horas; ao Castro das Barreiras, ás 12:00 horas; ao dolmen de Pedra Cuberta ás 13:00 horas e ao porto de Cereixo ás 17:00 horas.
Os sábados celebraranse tamén, ás 17:00 e ás 19:00 horas, visitas ao Castelo de Vimianzo, monumento que albergará tamén estas actividades en domingo, ás 11:00 e ás 19:00 horas. Haberá visitas teatralizadas cos Quinquilláns ás 12:30 e ás 17:00 horas.
O inicio da visita terá lugar no propiio recurso, excepto en Cereixo, que será na igrexa. Son completamente de balde.