18-07-2022
A ponte de Pasarela acollerá unha formación teórica e práctica sobre a pesca en río co campión do mundo David Arcay
A ponte de Pasarela, no río Grande, acollerá unha formación teórica e práctica sobre a pesca en río co catro veces campión do mundo David Arcay, organizada pola Federación Galega de Pesca en colaboración co Concello de Vimianzo.
Será o 30 de xullo de 10:00 a 14:00 horas e para participantes nados/as entre o 2014 e o 2006. As inscricións poderán facerse de maneira telemática ou na Casa da Cultura desde mañá, 19 de xullo, ata o 28 do mesmo mes.
As prazas son limitadas.