Nestes momentos non hai cursos pendentes de celebración no Concello
Manuel Antelo presentou catro rutas de sendeirismo para os vindeiros meses de maio e xuño que o concello de Vimianzo organiza en colaboración cos concellos de Vimianzo e Ponteceso, polo que acudiron á presentación o alcalde de Camariñas, Manuel V. Alonso de León, e o técnico de turismo do concello de Ponteceso, Javier Couto.
A primeira das rutas será o día 6 de maio cunha andaina que percorrerá a ribeira do río Grande desde Pasarela ata a desembocadura en Cereixo, onde se xuntarán con outro grupo de sendeiristas do concello de Camariñas. A segunda ruta, que será o 26 de maio, organízase en colaboración co concello de Camariñas, xa que se percorrerá o litoral camariñán. A terceira das rutas será desde os Penedos de Pasarela ata Laxe. A última ruta, organizada conxuntamente co concello de Ponteceso, sairá fóra da comarca para coñecer as Illas Cíes pasando a noite do sábado no albergue Príncipe Felipe de Pontevedra.