05-07-2022
O Castelo continuará a ser o epicentro cultural no verán coas visitas teatralizadas e os obradoiros de artesanía en vivo
O Castelo de Vimianzo continuará a ser o epicentro cultural no verán coas visitas teatralizadas e os obradoiros de artesanía en vivo. O lanzamento deste compendio de actividades é confirmación das posibilidades que a fortaleza soneirá ten para albergar todo tipo de eventos.
O programa comezou, precisamente, o pasado día 3 de xullo con motivo do XXV Asalto ao Castelo cunha visita teatralizada, e terá continuidade cunha nova xornada este mesmo domingo, 10 de xullo, en quendas de 12:30 e 17:00 horas. As datas de celebración das visitas guiadas serán, ademáis deste domingo, o 17, 24 e 31 de xullo; o 7, 14, 21 e 28 de agosto e o 4 e 11 de setembro, tanto en horario de mañá como de tarde (12:30 e 17:00 horas). Os menores de idade deberán ir acompañados/as dunha persoa adulta. Son totalmente gratuítas.
Así, este mesmo sábado tamén darán comezo as actividades de artesanía viva, cun obradoiro o día 9 de barcos e nasas, que dará comezo ás 11:00 horas a cargo de Chema Suárez. Haberá 12 prazas dispoñibles, sendo completamente de balde. Para este mes, o día 16 de xullo celebrarase o taller de “Modela co barro”, ás 11:00 horas a cargo de Obradoiro Cambón; o 23 de xullo “Sopla o vidro” tamén ás 11:00 horas con Esther Ferreiro (para este tan só hai dispoñibles 8 prazas) e 0 30 de xullo “Panillada”, ás 17:00 horas coa Asociación de Palilleiras As Nemanquiñas. Para agosto, o día 6, “Tecendo liño”, ás 11:00 horas coa Asociación de Veciños O Santiaguiño de Carreira; o día 13 de agosto “Arte en palla”, ás 11:00 horas coa Asociación Arte en palla de Baíñas; o día 20 “Modela co barro”, a partir das 11:00 horas con Obradoiro Lista; e o 27 de agosto a partir das 11:00 horas “Encadernación”, a partir das 11:00 horas con ASPADEX.
Para setembro, o día 3 a partir das 11:00 horas reservarase para o obradoiro “Encaixe”, coa Asociación de palilleiras As Nemanquiñas e o día 10 de setembro, un novo desfile do liño, ás 17:00 horas coa Asociación de Amigos do Liño de Galicia.
Visita nocturna
O sábado 16 de xullo, o Castelo albergará unha visita teatralizada nocturna, que dará comezo ás 21:00 horas. Poderase reservar praza en
www.vimianzo.gal/turismo (apartado Castelo > Castelo Vivo > Visitas Guiadas.