Nestes momentos non hai cursos pendentes de celebración no Concello
Inaugúrase na Casa da Cultura a exposición “Xolda, onde muda o corpo”
O próximo xoves, 30 de xuño, ás 18:30 horas, inaugúrase na Casa da Cultura a exposición de pintura 'Xolda, onde muda o corpo', de Cari Camarero, Carica,
Unha serie de vinte tres óleos feitos no 2022 xunto a pequenos gravados en linóleo e chine collé. Cadrou que xusto neste ano compre celebrar os 25 do asalto e que o castelo tiña que vestir novas bandeirolas. Os corpos que xa non queren ser árbores rematan por tomar o castelo, apropiándose das armas dos señores.
Poderase visitar ata o 29 de xullo, en horario de 8 a 15 horas.
Cari Camarero, Carica, é unha muller en rebeldía que goza creando. Polo seu oficio de mestra, ocupouse de que a cativada probara a arte de perder o tempo para atopar así a gana de aprender.