09-06-2022
Vimianzo abrirá mañá as inscricións para as actividades de informática de verán
Vimianzo abrirá mañá, venres 10 de xuño, as inscricións para as actividades de informática de verán, que poderán facerse efectivas ata o 17 de xuño no departamento de Promoción Económica do Concello. Terán prioridade as persoas empadroadas en Vimianzo.
Mecanografía, robótica, ofimática para estudantes ou aprendizaxe para o uso do DNI electrónico son algúns dos puntos do programa. Desenvolveranse na Aula de informática da Casa da Cultura, sendo completamente de balde e as prazas limitadas.
A actividade de mecanografía terá lugar os meses de xullo e agosto, en horario de 10:00 a 11:00 horas para o grupo 1 e de 12:30 a 13:30 horas o grupo 2. De luns a venres, dará comezo o 4 de xullo e terá unha duración de 38 horas totais. Será para rapazas e rapaces nados entre o 2006 e o 2014.
Robótica será durante xullo para o grupo 1 e agosto para o grupo 2. En horario de 11:15 horas a 12:15 horas, os días para asistir serán luns e mércores. Dará comezo o 4 de xullo para o grupo 1 e o 1 de agosto para o grupo 2. Terá unha duración de 7 horas para cada grupo e tamén está programada para crianzas nadas entre o 2006 e o 2014.
Ofimática para estudantes, para a rapazada nada entre o 2002 e o 2011, será os martes, xoves e venres de xullo (grupo 1) e agosto (para o grupo 2). En horario de 11:15 horas a 12:15 horas. Dará comezo o 5 de xullo para o grupo 1 e o 2 de agosto para o grupo 2. Terá unha duración total de 12 horas por grupo.
A rapazada que naceu entre o 1993 e 2006 poderá anotarse no curso de aprendizaxe para usar o DNI electrónico na Internet. A primeira, o 1 de xullo para o grupo 1; o 30 de agosto para o grupo 2, a segunda quenda. Será en horario de 10:00 a 12:00 horas.