30-05-2022
O alumnado do obradoiro de emprego ‘Construíndo futuro’ avanzan na aprendizaxe do sector forestal e da construción
Os 20 alumnos e alumnas do Obradoiro Dual de Emprego “Construíndo Futuro” que desenvolven de forma conxunta os concellos de Camariñas, Muxía e Vimianzo, avanzan na aprendizaxe con prácticas no sector forestal e no da construción. Os certificados de profesionalidade que se están a impartir son os de “Actividades Auxiliares en Conservación e Mellora de Montes” e “Pavimentos e Albanelería de Urbanización”.
O alumnado de Pavimentos e Albanelería de Urbanización continúa desenvolvendo as habilidadesadquiridas nas aulas poñéndoo en práctica nas actuacións en Camariñas. Neste concello comezaron facendo prácticas de desbroce e desmonte de terreo, elaboración de formigón armado para arealización dunha soleira, colocación de pedra do país tipo Santiago e encintado da mesma.
Tamén procedeuse ao levantamento dunha tapa de saneamento para deixala á mesma altura que o terreo, construción dunha soleira para a colocación de colectores do lixo e colocación de mobiliario e elementos complementarios de pavimentos de urbanización.
Novo miradoiro no Barrio de Core, en Camariñas
Como resultado final destas prácticas, Camariñas conta cun novo miradoiro no Barrio de Corea. Para o asentamento e reforzo dos contidos asimilados nestas prácticas, continuaron coa actuación napraza da Insuela. O obxectivo é acondicionar a zona axardinada para mostrar unha continuidade de aspecto con outras zonas do pobo colocando pedra do país tipo Santiago.
Unha vez rematada a actuación en Camariñas, o alumnado da especialidade de albanelería continuará as súas actuacións na escola de Subeiro, no Pavillón de Baíñas e no Ximnasio Municipal de Vimianzo.
Ao mesmo tempo, en Camariñas, o alumnado da especialidade de montes acompañou o traballo desenvolvido polo grupo de albanelería, retirando o exceso de terra vexetal soterrada baixo a praza da Insuela e trasladándoa á zona do miradoiro do barrio de Corea.
Nesta zona procedeuse ao aplanamento do noiro existente e á extensión da terra trasladada, co fin de uniformizar a pendente do terreo e fomentar a rexeneración da cuberta vexetal na áreaperimetral do miradoiro. A maiores disto, en Camariñas tamén fixeron unha limpeza exhaustiva na zona do Cotro e na Praia da Area da Vila.
Melloras en Viseo, Caberta e Quintáns (Muxía)
Por outra banda, o alumnado especializado na conservación e mellora de montes continuou a súaformación práctica realizando actuacións no Concello de Muxía, concretamente en Quintáns, Viseo e Caberta.
No parque de Viseo fixeron labores de acondicionamento da súa zona verde e na escola de Cabertalevaron a cabo o mantemento do seu perímetro.
Paralelamente, en Quintáns as actuacións foron múltiples: sega e desbroce de parterres e xardíns,plantación de Leptospermun con recubrimento de malla antiherbas e rocha volcánica, plantación de dúas magnolias no xardín, unha camelia e un olivo con forma de bonsai. Realizouse tamén poda e limpeza de vexetación diversa.
Os traballos foron tan minuciosos e exhaustivos como foi posible, e o resultado satisfactorio en termos de formación e xerais.
Limpeza do parque empresarial e planificación de novas actuacións en Vimianzo
No Concello de Vimianzo os traballos centráronse na limpeza exhaustiva e acondicionamento do Parque empresarial, así como o repaso das actuacións feitas con anterioridade nos lugares dePadreiro, Grixoa e Castrelo. Tamén estase planificando e organizando as próximas actuacións noutras localizacións do municipio.
O Obradoiro Dual de Emprego Construíndo futuro, que rematará o 28 de xullo deste ano, é posible grazas a unha subvención por valor de 346.946 euros da Consellería de Emprego e Igualdade.