Nestes momentos non hai cursos pendentes de celebración no Concello
O Concello de Vimianzo comunica o adiamento do concerto de Tanxugueiras previsto para esta tarde de luns 16 de maio, véspera das Letras Galegas, ao non poderse garantir a total seguridade tanto das artistas como do público.
As fortes rachas de vento rexistradas nas últimas horas fixeron ao equipo técnico ter que baixar o palco, que xa se subirá esta mañá, co conseguinte risco de desprendemento. De feito, un dos tensores do tráiler rompeu.
“O primeiro é garantir a seguridade tanto das artistas como do público”, avanzaba a alcaldesa, Mónica Rodríguez, quen insistía en que “ante a mínima posibilidade de que exista risco, por mínimo que sexa, temos que tomar unha difícil pero meditada decisión”, asegura.
Polo tanto, o recital celebrarase mañá, martes 17 de maio, Día das Letras Galegas, ás 21:30 horas, no mesmo recinto habilitado. O Concello de Vimianzo comunicará nas súas redes sociais as actualizacións a esta información.