Dentro da rede provincial de espazos de traballo da Deputación da Coruña no marco do programa PEL, ábrese en Carballo un centro de coworking “Carballo Coworking”, un espazo de traballo colaborativo.
Situado no primeiro andar do forum de Carballo é un espazo diáfano con 18 postos dotados de conexión a internet de alta velocidade, e armario de uso privado para os usuarios dos postos.
Ademáis do espazo, o centro preséntase coma unha oportinudade de traballo en común facilitando servizos e prestacións para contribuir a mellorar as posibilidades de crecemento, consolidación e éxito empresarial, xerando un espírito de comunidade, empresas e profesionais.
Os usuarios teñen a súa disposición e previa solicitude acceso o auditorio, as aulas de formación y os recursos audiovisuais dos que consta o recinto.
Para quén está destinado?
- Emprendedores cunha idea de negocio ou proxecto empresarial que busque un entorno profesional e colaborativo para levalo a cabo.
- Novas empresas (con máximo doús anos de antigüedade desde o inicio da actividade), e que precisan dun apoio especial para a mellora das súas expectativas de supervivencia.
- Usuarios que con carácter puntual precisen o uso ou servizo das instalacións, vencelladas estas actividades ao emprendemento ou a súa actividade empresarial.
Para máis información visita
coworkingcarballo