21-04-2022
Vimianzo xa conta con máis do 40% das luminarias renovadas grazas ao proxecto de mellora enerxética do IDAE
O Concello de Vimianzo xa conta con máis do 40% das luminarias exteriores renovadas grazas o proxecto de mellora enerxética do IDAE, que comezara o a finais de outubro de 2021.
O proxecto, que ascende a 2,3 millóns de euros grazas á subvención acadada co Instituto para a Diversificación e Aforro de Enerxía (IDAE), permitirá conseguir un aforro de máis do 50% para as arcas municipais, á vez que se mellora en estética e seguridade tanto peonil como para condutores e condutoras.
Rematáronse por completo os traballos en Baíñas, Bamiro, Berdoias e Calo, e hoxe mesmo nas parroquias de Carantoña e Tines. As tarefas estanse desenvolvendo nestes intres en Castrelo, Cambeda, Cereixo e Salto.
Durante o mes de maio, as instalacións comezarán tanto na parroquia de Vimianzo como na de Treos. Cabe lembrar que estas serán máis eficientes e que se conseguirá un menor impacto ambiental. Estas luminarias empregan o 95% da enerxía da luz e tan só se desperdicia un 5% en calor, facéndoas máis duradeiras.
O concelleiro de Obras, Miguel Ángel Pérez, destacou hoxe o “bo ritmo de tempos ao que están avanzando as intervencións, e xa son moitos veciños e veciños quenes destacan que a mellora é máis que notable”, indica, e avanza que “xa se está traballando tamén no soterramento das liñas do tendido eléctrico no caso urbano de Vimianzo”.