20-04-2022
Vimianzo recupera as excursións para maiores cunha viaxe ao balneario “Hotel Carlos I” de Sanxenxo
O Concello de Vimianzo recupera as excursións de maiores cunha viaxe ao balneario “Hotel Carlos I” de Sanxenxo. Cunha duración de 4 días, as xornadas do 23, 24, 25 e 26 de maio, poderán inscribirse as veciñas e veciños maiores de 60 anos, aínda que tamén haberá dispoñibilidade dunha listaxe de agarda para maiores de 55.
O programa inclúe:
- Almorzo en ruta o día de saída
- Estancia de 3 noites no hotel en réxime de pensión completa (almorzo, xantar e cea)
- Acceso ao balneario todos os días da viaxe
- Baile despois das ceas
- Paseo en barco
- Seguro de viaxe
- Degustación da exquisita gastronomía da zona
- Andainas pola localidade
As inscricións serán efectivas do luns 2 ata o venres 13 de maio na área de Benestar Social. Para obter máis información, poden dirixirse a esta mesma sección municipal no 981 70 74 26.
Terá un prezo por persoa de 270 euros.