Nestes momentos non hai cursos pendentes de celebración no Concello
O Concello de Vimianzo deu a coñecer esta mañá a súa programación para Semana Santa co Castelo como epicentro de actividades. Haberá visitas guiadas e teatralizadas o xoves 15 de abril, o venres 15 de abril, o sábado 16 de abril e o domingo 17 de abril, cos Quinquilláns como protagonistas (nas teatralizadas).
Os horarios para as teatralizadas serán ás 12:30 horas e 17:00 horas, estando reservado solo unha sesión para o domingo, ás 12:30 horas. Os das visitas guiadas, ás 11:00 horas, 14:00 horas e 18:30 horas e o domingo tan só unha sesión ás 17:00 horas.
Outros dos espazos reservados para acoller actividades durante os días festivos son os Batáns e Muíños do Mosquetín, os días 14, 15, 16 y 17 a las 15:30 horas. No Porto de Cereixo, na barca prodixiosa de Cereixo, o 15 de abril ás 19:00 horas, e por Cereixo, o mesmo día ás 19:45 horas.
No Castro das Barreiras, logo dos últimos traballos no que se descubriu unha porción de muralla, haberá visitas guiadas o 14 e o 16 de abril ás 20:00 horas e o 17 de abril ás 18:30 horas.
As inscricións poderán facerse en www.vimianzo.gal/turismo e resérvanse 20 prazas para participar en cada visita. Serán de balde e os menores deberán ir acompañados dun adulto.
Mostra de Artesanía en Vivo
Desde o Concello, animan a todas as persoas que así o desexen, a visitar o Castelo de Vimianzo nesta Semana Santa, onde haberá demostracións de tratado do liño, encaixe, maquetaxe de barcos, traballos en palla, artesanía de prata e vidro e traballos en coiro e papel.
A alcaldesa, Mónica Rodríguez, destaca que este é un programa “pensado por e para todas as persoas que desexen coñecer máis pormenorizadamente a Artesanía da Costa da Morte, pero tamén os nosos lugares máis senlleiros. Os Quinquilláns sempre lle dan un toque especial ás visitas, e estamos moi felices de volver a poder contar con eles”, afirma.
Resumo