Concello de Vimianzo
28 de novembro de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Novas

06-04-2022

Vimianzo exporta o seu potencial patrimonial no 5º Evento Internacional #EuSAVE que se celebra en Portugal

Vimianzo exporta o seu potencial patrimonial no 5º Evento Internacional #EuSAVE, de coordinación transnacional, que se celebra estes días en Portugal. O obxectivo prioritario da iniciativa nesta edición é deseñar novas e innovadoras estratexias de desenvolvemento conxunto para vilas históricas, intelixentes e sustentables da Unión Europea.

A alcaldesa, Mónica Rodríguez, inaugurou a sesión desta mañá xunto a Luis Vitorino, presidente do Municipio de Marvão e Carlos Nogueiro, secretario executivo da Comunidade Intermunicipal do Alto Alentejo. Rodríguez sinalou na apertura que “estar hoxe aquí no municipio de Marvão para poder amosar e falar dos nosos recursos é un privilexio. Temos a sorte de pertencer a lugares únicos e a singularidade de todos e cada un dos nosos territorios nos convirte en lugares moi ricos, a nivel patrimonial, en todos os ámbitos: paisaxístico, natural, gastronómico, histórico...”, subliñaba a alcaldesa, quen agradeceu “a Rosa Sánchez, Roxana Topciov e a o Departamento de Turismo do Concello de Vimianzo o inesgotable traballo durante todo o ano para poder facer realidade o estar hoxe aquí”, sentenciou.

No programa #EuSAVE participan 40 municipios rurais de menos de 10.000 habitantes de oito países diferentes: España, Italia, Croacia, Bélxica, Portugal, Bulgaria, Letonia e República de Macedonia. O obxectivo do proxecto é crear unha rede de vilas históricas europeas intelixentes que aumente a implicación e a participación dos cidadáns na vida socioeconómica das súas vilas, promovendo accións de compromiso social e definindo estratexias de desenvolvemento local baseadas nas oportunidades que ofrece o patrimonio cultural material e inmaterial deses territorios históricos, como activos para o crecemento rural intelixente, sustentable e inclusivo da UE.

Durante un período de 2 anos, os grupos de traballo temáticos transnacionais levaron a cabo unha ampla gama de actividades de participación cidadá no marco da rede europea de vilas históricas intelixentes creada polo proxecto #EuSAVE. A través destas accións, desenvolveuse un mapping de boas prácticas das iniciativas de éxito que xurdiron das sinerxias entre a innovación social e patrimonio cultural.

Para asegurar a continuidade da rede máis aló da vida útil do proxecto, elaborarase un plan transferible e baseado na sustentabilidade. Este incluirá directrices sobre como identificar e formalizar os novos acordos de colaboración con outros municipios rurais europeos, e articulará un marco común de colaboración entre as entidades sociais do proxecto (membros da rede) do futuro.

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- novembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
1
2
3
4
8
9
10
11
12
13
14
15
18
19
20
21
22
23
24
25
26
 

Perfil de contratante
Boletíns
Museo Virtual SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte Grupos de Acción Costeira
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X