05-04-2022
Operativo da Unidade Militar de Emerxencias no Concello de Vimianzo
Desde o Concello de Vimianzo, en coordinación co V Batallón de Intervención (BIEM V) da Unidade Militar de Emerxencias (UME), queremos comunicar á cidadanía que durante o día de hoxe, martes 5 de abril, e mañá día 6, estrán a levarse a cabo prácticas e exercicios co obxectivo de intercambiar coñecementos, técnicos e de medios, para a campaña de verán de tal forma que, chegado o caso, traballen perfectamente coordinados nas múltiples tarefas motivados por un incendio forestal.
Estes labores, encoordinación coas dotacións da Xunta, non supoñen ningún perigo para o medio natural; realízanse con toda rigorosidade, sendo un punto fundamental á horade preparar a instrución ante os meses máis complicados da tempada estival.
Trátase dun operativo de 37 militares e 15 vehículos entre os que destacan: 6 autobombas, unha nodriza, unha ambulancia, un vehículo Mérida de transmisións e diversos vehículos pesados e lixeiros.
Aloxaranse no pavillón polideportivo da nosa localidade.