04-04-2022
O IES Terra de Soneira acolle ata o 29 de abril aexposición itinerante sobre a vida e obra deEnrique Labarta Pose
Dende hoxe as alumnas e alumnos dos diferentes cursos do IES Terra de Soneira de Vimianzo poden visitar a exposición itinerante sobre a vida e obra de Enrique Labarta Pose que quedou instalada esta mañá naBiblioteca do centro educativo.
Durante a inauguración da mostra, que tivo lugar esta mañá, a responsable da Biblioteca e mestra do centro, ChusBarbeira, fixo unha breve introducción sobre a exposición que estará no IES vimiancés ata o 29 de abril. Tamén aproveitou a ocasión para loar o traballo realizado pola Comisión Labarta Pose e polo Concello de Zas para que o escritor baiés teña o seu propio día das Letras Galegas. “Dende o IES Terra de Soneira queremos contribuír a divulgar a figura e a obra de Enrique Labarta Pose, por iso decimos traer esta mostra itinerante sobre a que traba-llaremos os vindeiros días”, dixo Chus Barbeira ante os alumnos e alumnas do centro que asisti- ron á inauguración.
No acto tamén estivo parte do equipo docente do centro educativo xunto do Alcalde de Zas, Manuel Muíño; e a Alcaldesa de Vimianzo, Mónica Rodríguez. Muíño agradeceu o interese de- mostrado por Labarta e animou ao alumnado a descubrir a súa obra na que tamén están pre- sentes distintos lugares de Vimianzo. De feito lembrou que o roteiro literario de Labarta Pose, que se presentou o pasado mes de marzo, discorre tamén polo municipio vimiancés. Pola súa banda, Mónica Rodríguez aproveitou a ocasión para “darlle os parabéns ao Concello de Zas por todo o traballo que está a realizar en canto á divulgación da obra de Labarta Pose e animou ao alumnado a empaparse de todos os detalles que nos deixa este compendio de obras que unha figura da relevancia de Labarta Pose ten para toda a comarca”.
Dende aquí, a mostra itinerante de Enrique Labarta Pose viaxará de novo á cidade da Coruña.