22-03-2022
A oficina de asesoramento técnico pola valoración catastral continuará os traballos 1 mes máis
A oficina técnica de asesoramento á veciñanza polo tema da revalorización colectiva de terreos continuará exercendo os seus traballos durante 1 MES máis desde hoxe, martes 22 de marzo, en horario de 9:00 a 15:00 horas na Casa da Cultura.
Como ata o de agora, será imprescindible ter cita para poder acudir, concertándose a través do enderezo electrónico cita.incidencias.catastro@vimianzo.gal, no teléfono 604 00 40 86 ou presencialmente na Casa da Cultura.