Concello de Vimianzo
28 de novembro de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Novas

18-03-2022

Fibra óptica

O Concello de Vimianzo solicita a colaboración veciñal para indentificar os lugares municipais que carecen de cobertura de banda ancha.

Con motivo da consulta pública, aberta desde a Secretaría de Estado de Telecomunicacións e Infraestructuras Dixitais, pedimos a vosa colaboración para completar esta identificación de zonas e obter un mapa definitivo co que facilitarlle a este organismo información sobre zonas nas que sería posible realizar proxectos de extensión da cobertura de redes de banda ancha.

As persoas que presenten problemas coa cobertura deberán cubrir o seguinte formulario https://bit.ly/3MUccPs tendo en conta os seguintes aspectos:

  • É preciso indicar a referencia catastral.
  • O formulario soamente é para a recollida de datos e as peticións recollidas poden ser transmitidas ás empresas subministradoras de fibra óptica ou outros organismos.
  • En ningún momento se garante a instalación de fibra na vivenda ou establecemento indicado.
  • Só se admitirá unha única petición por vivenda ou establecemento e de haber máis, esta non será presentada.
  • O prazo para enviar esta información manterase aberto ata o vindeiro 4 de abril.
  • Consulta o mapa coas zonas xa identificadas aquí: https://bit.ly/37zWLvD

Ligazóns

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- novembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
1
2
3
4
8
9
10
11
12
13
14
15
18
19
20
21
22
23
24
25
26
 

Perfil de contratante
Boletíns
Museo Virtual SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte Grupos de Acción Costeira
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X