Concello de Vimianzo
28 de novembro de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Novas

18-03-2022

Concello e Deputación xa pensan na segunda fase do proxecto de reforma da instalación eléctrica do Castelo

A Deputación da Coruña e o Concello de Vimianzo xa pensan na segunda fase do proxecto de reforma da instalación eléctrica do Castelo. Tras licitar unha primeira fase, que está en execución e estará lista antes de Semana Santa, xa se ten a vista posta na continuación dun proxecto que comezaba o pasado ano. A alcaldesa, Mónica Rodríguez; o concelleiro de Obras, Miguel Ángel Pérez e técnicos da entidade provincial Marina Cabana, José Yáñez e David Beiras visitaron esta mañá o espazo.

Por ser un Ben de Interese Cultural (BIC) realizouse a substitución de condutores, mecanismos e elementos de iluminación minimizando a actuación sobre a contorna. Contou cun orzamento de 103.751,96 euros e consta das seguintes actuacións: a instalación de cadros eléctricos novos, ademais da nova iluminación e novos aparellos de emerxencia e sinalización. Tamén se instalarán novos condutores onde sexa necesario, e novas canles realizadas en tubaxe de cobre para canalizar os novos circuítos. Instalase tamén unha nova toma de terra.

A nova instalación cumprirá estritamente todos os requisitos e esixencias básicas en temas de seguridade estrutural e no caso de incendio, así como os parámetros básicos de aforro de enerxía.

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, sinala que esta intervención é “unha continuación da nosa firme aposta polo coidado e posta en valor dun dos edificios máis senlleiros da provincia e que acolle anualmente eventos culturais como a Mostra de Artesanía en Vivo”.

Pola súa banda, a alcaldesa de Vimianzo, Mónica Rodríguez, quixo agradecer “tanto o presidente como ó deputado de Patrimonio, Xosé Lois Penas e ó equipo técnico da Deputación o ter desenvolto un proxecto que era moi necesario no interior do noso Castelo, e xa pensamos en mellorar tamén o sistema no exterior, que non só suporá melloras a nivel de aforro, tamén estéticas”.

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- novembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
1
2
3
4
8
9
10
11
12
13
14
15
18
19
20
21
22
23
24
25
26
 

Perfil de contratante
Boletíns
Museo Virtual SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte Grupos de Acción Costeira
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X