10-03-2022
Vimianzo coas persoas refuxiadas de Ucraína
O Concello de Vimianzo pon a disopsición da veciñanza un rexistro no que figurarán todas as persoas que desexen acoller a calqueira refuxiado ou refuxiada da guerra que se está a producir no país ucraíno, ou que dispoñan dalgún tipo de vivenda para facilitar a estas persoas.
Si este se trata do teu caso, a Administración local porá a túa disposición unha solicitude para ser entregada no Rexistro Municipal, ou tamén mediante a
SEDE ELECTRÓNICA.
Os datos que solicitamos, no caso que se leve a cabo algún tipo de acollemento, serán postos a disposición da FEGAMP.
Ligazóns