Nestes momentos non hai cursos pendentes de celebración no Concello
Vimianzo dá a benvida á súa programación cultural do mes de marzo con varios espectáculos con perspectiva de xénero, e para conmemorar o Día Internacional da Muller.
Así, os días 5, 12 e 13 de marzo, o Auditorio da Casa da Cultura acollerá as representacións #2Pilgrims, de Sheyla Fariña e Guillermo Carbajo; Matrioskas, de Marta Ortiz e Sofía Espiñeira e Facede o favor....pensade, por parte do grupo de teatro As avoas de Laxe.
A primeira (#2Pilgrims) , que comezará ás 20:30 horas, enfocada a un público adolescente ca finalidade de concienciar, educar en igualdade e inculcar valores que preveñan a violencia de xénero. Na segunda (Matrioskas), as autoras Ortiz e Espiñeira unen os seus talentos para crear un espectáculo de teatro musical que fará que as emocións do público afloren e viaxen a través das súas historias.
Por último, o día 13 de marzo ás 18:30 horas, Facede o favor...pensade, intepretada polo grupo de teatro As avoas de Laxe, unha obra composta por 9 pezas, nas que en clave de humor, convidan á reflexión sobre os comportamentos machistas na actualidade. Recomendada para maiores de 5 anos e público familiar.
RESUMO:
#2Pilgrims: 5 de marzo ás 20:30 horas
Matrioskas: 12 de marzo ás 20:30 horas
Facede o favor...pensade: 13 de marzo ás 18:30 horas