Concello de Vimianzo
28 de novembro de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Novas

10-02-2022

O Concello aproba os orzamentos para o exercicio 2022 cunha partida total de 5,9 millóns de euros

O Concello de Vimianzo celebrou esta mañá ás 9:00 horas un Pleno extraordinario no que se debateron puntos de especial relevancia para o futuro municipal.

A Administración local, que levaba cos orzamentos subrogados desde 2019, aprobou por unanimidade un novo documento “realista e adaptado ás necesidades das veciñas e veciñas do municipio” cunha partida total de 5,9 millóns de euros. A alcaldesa, Mónica Rodríguez, quixo agradecer “o departamento de Intervención, os traballadores implicados na redacción destes orzamentos, o seu esforzo e entrega para que sexan hoxe unha realidade”, admitiu a rexedora.

A Corporación aprobou por unanimidade incluír un incremento de 108.298,70 euros no POS Social da Deputación da Coruña que irán destinados para o Servizo de Axuda no Fogar, SAF, dado o aumento do prezo/hora e das persoas usuarias do servizo. A nova licitación xa recolle estas necesidades, cun incremento no prezo/hora en libre concorrencia e dependencia, e “con esta partida reforzamos un servizo imprescindible para Vimianzo”, admite Rodríguez.

No referente o Plan Único de Obras, o Pleno aprobou tamén por unanimidade dedicar 309.424,85 euros a gastos ordinarios, debido ás necesidades “diarias que temos no ámbito de mantemento e accións diarias á que ten que facer fronte o Concello de Vimianzo”, comentou a alcaldesa. O Concello de Vimianzo incrementou o gasto para adicar recursos a mantemento, creación de emprego, en protección animal, no número de prazas de escola, servizos implementados, a promoción do turismo, dinamización do comercio e hostalaría, entre outros.

Os restantes 175.471,49 euros serán para intervencións en diferentes puntos no municipio, a ter en conta: a mellora no viario no núcleo de Manlle, por un valor de 81.147,20 euros; a pavimentación do acceso que vai de Campolongo a Riotorto e a reparación do muro na ponte de Campolongo, que contará cun orzamento de 30.420,66 euros; a mellora do firme no viario de Reparada a Castromil, por un total de 32.223,63 euros e a rehabilitación e mellora dunha rúa interior no lugar de Bribes, nunha segunda fase que seguirá as mesmas características técnicas que a anterior. Terá un custe de 31.680,00 euros.

Por primeira vez na lexislatura, o Concello de Vimianzo contará cun orzamento para o exercicio 2022, unha “folla de ruta na que se recollen, nin máis nin menos, como se empregarán os fondos municipais o longo de todo o ano”, admitía a alcaldesa, Mónica Rodríguez. Un documento que, cunha partida de 5.955.405,00 millóns de euros, “é o noso primeiro orzamento e traballamos con toda a mellor intención”, aludindo a que “bautízoos como reais, o máis fieis posible o contexto actual, e cremos que logo de recoller os datos e facer unha lectura real, necesitamos destes orzamentos para afrontar o exercicio económico 2022”, subliñou Rodríguez.

No capítulo 1 de investimentos, recóllense 1.833.300,00 euros de impostos directos. No capítulo 2, de impostos indirectos, 47.000 euros. No capítulo 3, correspondente a taxas, prezos públicos e outros investimentos, 736.010,00 euros. En tanto en canto a transferencias correntes, no capítulo 4, recóllense 2.956.354,00 euros. No capítulo 5, de investimentos patrimoniais, 92.500 euros. No capítulo 7, de transferencias de capital, 290.241,00 euros.

No referente os gastos, no capítulo 1, os de persoal, recóllense un total de 1.995.100,00 euros. No capítulo 2, de gastos correntes en bens e servizos, 3.172.441,00 euros. No de gastos financieiros, capítulo 3, 20.000 euros. No capítulo 4, de transferencias correntes, 501.940,00 euros, e no capítulo 6, de investimentos reais, 265.924,00 euros.

A voceira de Adiante Vimianzo, Marta Rey, solicitou “deixar sobre a mesa” a aprobación dos orzamentos por entender que “non contaban coa documentación suficiente para poder analizar e saber si estes orzamentos son reais”, referíndose como “cheque en branco” a un documento “totalmente transparente, amparado con informes favorables de Secretaría e Intervención”, replicou a alcaldesa, Mónica Rodríguez. Non prosperou a proposta de Adiante Vimianzo, coa abstención do Partido Popular e os votos en contra do grupo de goberno.

Ata agora a crítica de Adiante Vimianzo era “que non tiñamos orzamentos”, e agora que estamos preparados e preparadas para a súa aprobación “din que non sería responsable, estando a exposición para todos os grupos e cos traballadores á vosa disposición para realizar todas as consultas pertinentes”, replicou Mónica Rodríguez. Saíron adiante cos votos favorables do PSdeG-PSOE, a abstención do Partido Popular e os votos en contra dos integrantes de Adiante Vimianzo.

Someteuse a votación tamén a aprobación do ditame do recoñecemento extraxudicial de crédito e a liquidación definitiva do exercicio 2020 do contrato de xestión dos servizos municipais de vivenda comunitaria, centro de día, escola infantil, comedor e lavandería sobre rodas. Ambos puntos por unanimidade.

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- novembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
1
2
3
4
8
9
10
11
12
13
14
15
18
19
20
21
22
23
24
25
26
 

Perfil de contratante
Boletíns
Museo Virtual SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte Grupos de Acción Costeira
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X