Concello de Vimianzo
28 de novembro de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Novas

09-02-2022

A Deputación presenta en Vimianzo o seu programa piloto para paliar a soidade non desexada nas persoas maiores

A Deputación da Coruña presentou esta mañá en Vimianzo, na Sala de Conferencias da Casa da Cultura, o seu programa piloto para paliar a soidade non desexada nas persoas maiores.

Ana Lamas, deputada de Benestar Social, expuxo os puntos fundamentais deste plan xunto á alcaldesa, Mónica Rodríguez, a concelleira de Benestar Social, María José Pose; Carolina Buhigas, técnica de Servizos Sociais da Deputación, e representantes da empresa adxudicataria do proxecto.

Este traballo está ideado para concellos de menos de 20.000 habitantes da provincia, enmarcado no Marco Estratéxico do Plan de Acción de Servizos Sociais provincial. O obxectivo é dotar á Deputación dun modelo de intervención contra a soidade non desexada no marco da Rede de Concellos para o Benestar a través da colaboración cos actores locais, e da xeración de espazos de encontro e reflexión conxunta, tendo en conta o contexto, a realidade e circunstancias locais nas que se vai a desenvolver a política de loita contra a soidade.

En primeiro lugar identificaranse e categorizaranse os diferentes actores locais que prestan os servizos, recursos, programas ou actividades cos que contan as persoas maiores nestes concellos, e os seus servizos, recursos, programas ou actividades. Ademais, sinalaranse os diferentes perfís de persoas maiores que están soas.

Posteriormente, analizarase a “desconexión”, de existir, entre a oferta de servizos e programas nestes lugares e as potenciais persoas usuarias, identificando os posibles factores que inflúen nela como poden ser: a idoneidade dos programas en función dos perfís ós que se dirixen os servizos ou actividades, os sistemas de difusión empregados, ou o grao de participación das persoas ás que vai dirixido o servizo ou actividade. Por outra banda, recolleranse as experiencias innovadoras, de referencia e/ou interese en materia de soidade non desexada que se estean desenvolvendo.
Unha vez rematada a análise previa, chegará o momento de elaborar unha proposta de intervención local, en colaboración e consensuada cos actores locais, que dea resposta ós “baleiros” identificados ó tempo que reforce e consolide as experiencias que se estean desenvolvendo.

Finalmente, o obxectivo é sistematizar esta proposta de intervención a xeito de metodoloxía definitiva coa que contará a Deputación da Coruña para transferir ós restantes Concellos de menos de 20.000 habitantes da provincia.

Para a deputada de Benestar Social, Ana Lamas, este tipo de estudos adquiren unha especial relevancia “na sociedade actual, na que tenden a incrementarse os episodios de soidade en persoas maiores”.

“Se algo nos trouxo a pandemia foi precisamente a importancia de que existan este tipo de servizos. Para nós é estratéxico e imos un paso máis aló, o coidado dos nosos maiores está no punto número 1 da política de acción desde a área de Benestar Social”, destacou.
Pola súa banda, a alcaldesa, Mónica Rodríguez, destacou a “tremenda labor que desempeñan desde a Deputación no eido dos Servizos Sociais, particularmente desde Benestar Social”, indicando que “hoxe, coa situación que estamos a vivir, ponse de relevancia, máis si cabe, o importante de impulsar políticas de protección cara un colectivo vulnerable como son os nosos maiores, e afrontar esa soidade con recursos técnicos, pero o máis importante, humanos”, enfatizou.

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- novembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
1
2
3
4
8
9
10
11
12
13
14
15
18
19
20
21
22
23
24
25
26
 

Perfil de contratante
Boletíns
Museo Virtual SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte Grupos de Acción Costeira
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X