Concello de Vimianzo
28 de novembro de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Novas

07-02-2022

O Concello de Vimianzo ten no horizonte o comezo de intervencións moi relevantes en materia de infraestruturas. Trátase dos proxectos de construción dunha ODT e a mellora do pavimento na estrada que une Baíñas e Dumbr&a

O Concello de Vimianzo ten no horizonte o comezo de intervencións moi relevantes en materia de infraestruturas. Trátase dos proxectos de  construción dunha ODT e a mellora do pavimento na estrada que une Baíñas e Dumbría, así como a renovación da explanada do colexio de Baíñas e a estrada situada detrás do tanatorio á altura das Cabazas; o arranxo do pavimento interior na Carballa e a mellora da avenida da Gándara entre o instituto e a área recreativa do Muíño. Os contratos de obra xa foron asinados esta semana por un valor total de 379.761,87 euros.

O proxecto de construción dunha ODT e a mellora do pavimento na estrada que une Baíñas con Dumbría contempla precisamente a creación dunha Obra de Drenaxe Transversal, con actuacións tanto na plataforma como nos elementos de drenaxe.

Nun primeiro momento preténdese a construción dunha nova ponte sobre o rego das Touzas, así como a reparación do firme desta vía nunha lonxitude de 1.100 metros. O paso sobre a auga está resolto hoxe mediante un marco de formigón, conformando un estreitamento do río neste punto, o que provoca que en época de fortes choivas se asolague a zona. Esta circunstancia supón un grave risco na seguridade viaria, ademais do constante deterioro do firme.

A prioridade do goberno local era “actuar xa neste outono”, aínda que non se puido licitar o proxecto debido a que “non contabamos con todos os permisos, polo que non puidemos iniciar o procedemento ata que a parte administrativa quedase resolta”, afirman desde o executivo.

Previamente á execución da ponte, contémplanse despezar a zona levando a cabo tarefas de roza; demoler a obra de drenaxe existente; demoler os muros de contención lateral á obra de drenaxe; demoler a cuneta de formigón; retirar o firme da vía nunha superficie total de 182 metros cadrados e mover as terras tanto como sexa preciso para a cimentación.

Por último, o goberno local impulsa tamén a renovación do firme da estrada situada detrás do tanatorio e da explanada de diante do colexio, na parroquia de Baíñas. As actuacións permitirán instalar nova iluminación LED e mobiliario urbano na contorna do centro educativo.

“Na actualidade, a plataforma que discorre por detrás do tanatorio e a explanada do colexio de Baíñas presentan un estado defectuoso debido ao paso do tempo, ás inclemencias meteorolóxicas e ao tráfico rodado”, sinala  Víctor Muíño, primeiro tenente de alcalde. “Co obxectivo de dar resposta a estas deficiencias, levaremos a cabo tarefas de pavimentación en ambos espazos con aglomerado en quente para eliminar as fochancas e gretas que poñen en risco a seguridade dos vehículos e peóns e peoas que circulan por estas vías”, explicou.

Por outra parte, as cunetas da vía de detrás do tanatorio limparanse para poder cumprir coa súa función de evacuación de augas, xa que na actualidade conteñen vexetación con terra, ramas pequenas e rochas que dificultan esta misión. As tarefas tamén incluirán a instalación de nova sinalización horizontal e vertical.

As actuacións tamén permitirán reparar e modificar a isleta que se atopa diante do colexio, facéndoa máis amplia para mellorar as súas condicións de accesibilidade, dotándoa de rebaixes para persoas con mobilidade reducida e cambios de pavimento táctil.

A zona de diante do centro educativo tamén verá renovada con esta actuación a súa iluminación mediante a instalación de farolas LED. No mesmo lugar incorporarase novo mobiliario urbano, como bancos e papeleiras, así como zonas verdes a través de labores de axardinamento con alcorques.
En tanto en canto o proxecto de arrando do pavimento interior no lugar da Carballa, actuarase tanto na rúa principal deste núcleo de poboación como no tramo da estrada que vai cara o núcleo de Subeiro. Arranxaranse as cunetas e actuarase repavimentando nestas zonas con formigón lavado e formigón impreso. Executaranse tanto unha rede de recollida de pluviais como unha preinstalación de recollida de augas residuais.

Por último, nos traballos de mellora da avenida da gándara entre o instituto e a área recreativa do Muiño pretende intervir nun tramo que ten unha lonxitude de 220 metros e as obras servirán para mellorar as condicións de seguridade e a calidade de vida tanto na zona a intervir como en toda a contorna.

Os traballos consistirán na repavimentación do tramo descrito, formando unha calzada para tráfico lixeiro con base de 10 centímetros de zahorra natural sobre o xa existente, e de 30 centímetros no caso da ampliación, que será compactada cunha apisonadora.

Previamente o pavimentado construirase a rede de evacuación de pluviais por ambas as dúas marxes do vial. As beiravías peonís serán de 120 centímetros de ancho en formigón impreso e tamén se instalarán dous pasos de peóns, un ao comezo en continuidade co paseo fluvial, e outro en frente o instituto. Realizarase o recrecido das arquetas e bocas dos outros servizos existentes para adaptalas a rasante da vía.

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- novembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
1
2
3
4
8
9
10
11
12
13
14
15
18
19
20
21
22
23
24
25
26
 

Perfil de contratante
Boletíns
Museo Virtual SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte Grupos de Acción Costeira
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X