Concello de Vimianzo
27 de novembro de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Novas

16-04-2012

Unha ofrenda floral e unha charla coloquio para homenaxear aos que loitaron pola liberdade

Ante a placa colocada na entrada do castelo no ano 1996 polo colectivo Adiante Soneira en homenaxe "a todos os que deron a súa vida pola liberdade" Manuel Antelo fixo unha lembranza dos feitos acontecidos en Vimianzo e un recoñecemento a todas as persoas que sufriron a respresión no noso concello. Ao son das gaitas interpretando o Himno do Antgo Reino de Galicia tivo lugar a ofrenda floral, reliazada polo alcalde, acompañado polos concelleiros Mª Xosé Ramos e Antonio Miñones.
Rematada a ofrenda tivo lugar na Casa da Cultura unha charla coloquio sobre "A resistencia á ditadura franquista nos primeiros anos da posguerra en Vimianzo e na comarca". Na interesante charla, á que non puido asistir Luis Lamela por motivos familiares, Fernando Vidal, investigador da memoria histórica oriúndo de Corme, falounos sobre a guerrilla en Vimianzo e na comarca e achegou numerosos datos sobre a historia de Vimianzo. logo da charla tivo lugar un máis interesante, se cabe, coloquio no que os presentes compartiron as súas lembranzas daqueles anos, ben por vivilas persoalmente ou por sérenlle transmitidas por familiares. O coloquio seguiu incluso fóra do auditorio onde o propio Fernado Vidal recoñecía a importancia do acto no que recolleu datos importantes para continuar coa súa investigación. 
Un acto, pois, de homenaxe e aprendizaxe da nosa propia historia que permanecerá vivo na memoria de Vimianzo.

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- novembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
1
2
3
4
8
9
10
11
12
13
14
15
18
19
20
21
22
23
24
25
26
 

Perfil de contratante
Boletíns
SEA- Suelo Empresarial del Atlántico
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X