31-01-2022
O Concello impulsa talleres de poda ante o alto interese desta actividade entre a veciñanza
O Concello de Vimianzo impulsa unha nova fornada de talleres de poda ante o alto interese que suscitou esta actividade cando se comezou a organizar. Por isto, contémplase para esta edición dous grupos, con 20 prazas dispoñibles por grupo.
O primeiro curso celebrarase os sábados 5 e 12 de febreiro, en horario de 9:00 a 13:00 horas, e o segundo, os días 19 e 26 de febreiro, co mesmo horario. É imprescindible levar tesoira de poda e as inscricións poderán formalizarse no Rexistro Municipal, ou ben na liña telefónica habilitada 981 71 60 01.
Terán prioridade as persoas que quedaran na listaxe de agarda no curso anterior.