Nestes momentos non hai cursos pendentes de celebración no Concello
Normativa
Requisitos das/dos usuarias/os
1. Poderán participar no Programa de Termalismo, as personas residentes en España, que reúnan algún dos seguintes requisitos:
2. As persoas usuarias de praza deben reunir os seguintes requisitos:
3. Igualmente, poderán participar no programa as persoas de nacionalidade española, que residan no estranxeiro, sempre que perciban unha pensión do Sistema de Seguridade Social español e conten coa idade exixida no parágrafo 1 anterior, ou sexan asegurados ou beneficiarios do Sistema da Seguridade Social, con idade igual ou superior a 65 anos, e en todos os supostos, reúnan o resto dos requisitos exixidos ás persoas usuarias no parágrafo 2 anterior.
4. Tamén poderán ser adxudicatarios das prazas, como acompañante, o cónxuxe ou a parella de feito ou persoa coa que se constitúe unha unión estable e de convivencia con análoga relación de afectividade á conxugal, sen necesidade de que estes reúnan algún dos requisitos exixidos no parágrafo 1 e, en todo caso, cumprindo os requisitos previstos no parágrafo 2.
Asimesmo, poderán ser adxudicatarios de praza, os fillos con discapacidade, en grao igual ou superior ao 45 %, sempre que a quenda o disfruten cos seus pais e se aloxen na mesma habitación.
Prazas e quendas convocadas:
Convócanse 192.000 prazas para participar no Programa, a desenvolver nas quendas e balnearios que se relacionan no anexo I.
Sen prexuízo do anterior, esta convocatoria contempla a oferta de prazas para establecementos termais que formalicen os seus contratos co Imserso no ano 2022.
O tipo de tratamento termal a impartir por cada balneario, asi como o prezo a pagar polos participantes e acompañantes, por praza e quenda tamén se especifica no anexo I.
As quendas, que poderán ter unha duración de 12 días (once pernoctacións) ou de 10 días (nove pernoctacións) cada un, realizaranse en réxime de pensión completa e comprenderán desde as doce horas do día de chegada ata as doce horas do día de salida.
O Programa desenvolverase durante o período comprendido entre o mes de febreiro e o mes de decembro de 2022.
Servizos
En todo caso, os beneficiarios das quendas realizarán os desprazamentos aos establecementos termais, así como o de regreso aos seus domicilios, directamente polos seus propios medios.
Con todo, o transporte por conta do balneario, nos casos que se expresan no anexo I indicado na columna final, realizarase desde a localidade máis próxima ao balneario con transporte público ata a estación termal ao comezar a quenda e o regreso, ao finalizar o mesmo.
O Imserso contribuirá ao financiamento do custo das prazas cunha achega media por praza de 184,08 euros, oscilando o seu importe entre 131,90 euros e 219,97 euros, en función do tipo de quenda e o seu mes de desenvolvemento. Esta achega farase efectiva directamente polo Imserso ao establecemento termal.
Prezo e forma de pago das prazas
O prezo para pagar polos usuarios e, no seu caso, os acompañantes, por praza e quenda, ascende ás cantidades que se sinalan, para cada balneario, mes e tipo de quenda, no cadro anexo I.
As persoas usuarias, e no seu caso os acompañantes, abonarán o custe das plazas da seguinte forma:
Documentación
Lugar de presentación
Para o enchemento e presentación das solicitudes disponse dos seguintes medios:
- Pola súa sinxeleza, rapidez e seguridade, recoméndase a presentación de novas solicitudes de forma telemática a través da sede electrónica do Imserso. O acceso á solicitude deste procedemento non require autenticación electrónica (Cl@ve, certificado electrónico ou DNI electrónico) por parte da persoa interesada.
- Descargar e cumplimentar a solicitude e remitila por algún dos seguintes medios:
Prazo de presentación
Establécense dous prazos para a presentación de solicitudes:
a) Para participar no proceso de adxudicación de praza:
b) Para a súa inclusión na Lista de Espera de prazas, para cubrir as prazas que vaian quedando vacantes por renuncias ou outras circunstancias:
Sen prexuízo de que as persoas solicitantes poidan formular a súa solicitude nos prazos e termos establecidos anteriormente, coa finalidade de simplificar trámites, remitiranse comunicacións singulares a todas as persoas solicitantes que, reunindo os requisitos da convocatoria do ano anterior, os seus expedientes estean completos.
Máis información: