Concello de Vimianzo
28 de novembro de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Novas

03-12-2021

Concello, Cáritas e Cruz Vermella unen forzas e substitúen unha anual Gala Solidaria pola doazón de alimentos

O Concello de Vimianzo, Cáritas e Cruz Vermella unen forzas novamente para facer fronte ao contexto provocado pola COVID-19. Anualmente celebrábase unha Gala Solidaria, que ante a situación sanitaria non será posible realizar, pero que substituirá unha doazón de alimentos.

A alcaldesa, Mónica Rodríguez; María del Carmen Vázquez, directora adxunta de Cáritas e Rebeca Veiga, presidenta de Cruz Vermella, reuníronse esta mañá no despacho da rexedora para concretar os pormenores desta iniciativa. Desde as tres institucións coincídese nun agradecemento “conxunto pola implicación de empresas e do comercio de Vimianzo coas persoas máis desfavorecidas”, apuntan.

Por ende, nesta acción solidaria tampouco participarán as e os voluntarios, alma dunha acción como esta, por “responsabilidade e prevención”. Tanto Rodríguez, como Vázquez e Veiga reclaman a “colaboración” da cidadanía para achegarse ata as “caixas solidarias” dos supermercados, igrexas, centros educativos e centros sociais e depositar así alimentos non perecedeiros, produtos de limpeza e hixiene. A listaxe vai desde leite, conservas, cereais, aceite, legumes, tomate, sopa, arroz, tomate ou papel hixiénico e xampú, entre outros.

Tamén está aberta a posibilidade de colaborar economicamente nesta acción, poñéndose a disposición da veciñanza a conta bancaria ES51 2080 00824130 0007 3452, e poderase solicitar un certificado a efectos fiscais antes do 31 de decembro en Cáritas ou Cruz Vermella.

Para máis información, pódese chamar a Cáritas no 686 05 05 85; a Cruz Vermella no 981 71 71 36 ou a Servizos Sociais do Concello de Vimianzo no 981 707 426. Os establecementos nos que depositar o contido nas “caixas solidarias” están dispoñibles nas redes sociais municipais.

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- novembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
1
2
3
4
8
9
10
11
12
13
14
15
18
19
20
21
22
23
24
25
26
 

Perfil de contratante
Boletíns
Museo Virtual SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte Grupos de Acción Costeira
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X