16-11-2021
Vimianzo concede 128 axudas para o curso escolar 2021-2022 por un total de 32.495 euros
O Concello de Vimianzo concedeu 128 axudas para o curso escolar 2021-2022, destinado para o alumnado de segundo ciclo de Educación Infantil, Educación Primaria e Secundaria Obrigatoria, Bacharelato e Ciclos Formativos (Grao medio e superior) empadroados no concello que cursen en centros públicos e que pertenzan a familias desfavorecidas economicamente. Adicáronse 32.495 euros.
O obxecto das mesmas é facer efectivo o principio de igualdade no exercicio do dereito á educación e o seu fin é compensar a aquelas familias que, polas súas condicións económicas, teñen máis dificultades para afrontar os gastos derivados do inicio do curso escolar.
Estas axudas son compatibles coas concedidas por calquera outra administración pública ou privada, para o mesmo fin, sempre e cando o total das axudas concedidas non supere o 100% do custo real do financiado.
A concelleira de Benestar Social, María José Pose, sinala “a importancia deste tipo de axudas para a veciñanza” logo de superar a etapa “máis crúa da pandemia”, pero da que todavía “non saímos na súa totalidade”, afirma. “É o noso deber estar a carón da nosa veciñanza e con estas bolsas reafirmamos o noso compromiso social co pobo de Vimianzo”.