Nestes momentos non hai cursos pendentes de celebración no Concello
O actor vimiancés Vicente de Souza (Vicente Mohedano Mira) alzouse co galardón de mellor actor secundario na Gala dos Premios de Teatro María Casares, que tveron lugar o pasado martes no Teatro Rosalía de Casatro da Coruña. A Academia de actores e actrices de Galicia seleccionou a Vicente de Souza como mellor actor pola súa interpretación de Édek, personaxe da obra Tango de Sarabela Teatro. Xunto con Vicente estaban nomeados na categoría de mellor actor secundario os actores César Goldi e Víctor Mosqueira, por A ópera dos tres reás do Centro Dramático Galego. Este non é o primeiro premio do actor vimincés que xa obtivo o recoñecemento de mellor actor polo seu traballo en Estereoscopía e Dous homes e un suicidio, entre outros.
Ademais do seu recoñecido prestixio como actor de teatro, Vicente traballou en numerosas series de ficción galegas como Rías Baixas ou Matalobos, e en películas como A rosa de pedra ou O baile das ánimas.
En Vimianzo estamos orgullosos do noso e dos nosos: PARABÉNS VICENTE!