05-11-2021
Vimianzo en XANTAR (Ourense)
Vimianzo promoverá esta fin se semana o seu potencial gastronómico en Xantar, con produtos do mar e da terra que mostarán a nosa idiosincrasia.
O concello de Vimianzo pechará o programa de actividades o día 6 de outubro entre as 12:00 a 14:00 como un referente turístico e gastronómico da Costa da Morte en Expourense, na vixésima segunda edición de Xantar , o Salón Internacional de Turismo Gastronómico, no stand da Deputación da Coruña.
Isto supón un gran escaparate para Vimianzo, posicionarase como un referente culinario e turístico da Costa da Morte, unha oportunidade de negocio onde se impulsarán os nosos produtos gastronómicos, turísticos e de ocio.
Vimianzo participará no showcooking da man do cociñeiro, vimiancés, Fabián Mouzo Romero coa exquisita elaboración dun pincho irmandiño, denominado “ Brisa”, incorporará elementos como palmeira de codium, ourizo e sardiña afumados, xema de ovo curada e aire de 1906 black coupage. Un bocado con sabor e ulido a mar, que evocará o bico entre o Atlántico e Vimianzo no Coído de Sabadelle, sen esquecer a esencia da cociña tradicional.
Neste evento tamén terá lugar unha degustación de callos da Faguía de Carnés, declarada Festa de Interese Turístico de Galiza.
O corazón da Costa da Morte deixará un gusto doce ca bica e Pedras do Castelo, elaboradas por distintos establecementos de Vimianzo.