Concello de Vimianzo
28 de novembro de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Novas

19-10-2021

Vimianzo comezará coa renovación das instalacións de alumeado exterior

O Concello de Vimianzo comezará coa renovación das instalacións de alumeado exterior en todo o municipio, un proxecto que ascende a 2,3 millóns de euros, grazas á subvención acadada co Instituto para a Diversificación e Aforro de Enerxía (IDAE).

A entidade aportará o 80% do orzamento e o Concello o restante 20%, un total de 472.473,70 euros, para conseguir aforrar máis do 50 % na facturación deste servizo, implementando así a tecnoloxía LED en todas as luminarias.

As novas instalacións serán máis eficientes e conseguirase, con isto, un menor impacto ambiental. Cabe destacar que estas luminarias empregan o 95% da enerxía da luz e tan só se desperdicia un 5% en calor, facéndoas máis duradeiras.

A alcaldesa, Mónica Rodríguez, sinala que con este “ambicioso proxecto queremos mellorar non só a facturación, tamén a imaxe e a seguridade viaria en todas as vías do noso municipio”.

Renovación de máis de 4.500 puntos de luz

Logo das máis de 300 bombillas que xa se instalaron no núcleo urbano de Vimianzo, este proxecto implicará a renovación de máis de 4.500 puntos de luz nos 133 lugares do municipio. Realizarase unha intervención por fases ata completar os espazos nos que exista alumeado público.

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- novembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
1
2
3
4
8
9
10
11
12
13
14
15
18
19
20
21
22
23
24
25
26
 

Perfil de contratante
Boletíns
Museo Virtual SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte Grupos de Acción Costeira
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X