08-10-2021
Vimianzo dá a coñecer ‘Outono rebuldeiro’, a súa programación cultural de outubro e novembro para a rapazada
O Concello de Vimianzo dá a coñecer a programación ‘Outono rebuldeiro’, un conxunto de espectáculos de maxia e teatrais para a rapazada vimiancesa.
Haberá sesión de teatro e maxia todos os domingos ás 18:30 horas no Auditorio da Casa da Cultura. A entrada será de balde con reserva ata completar aforo e as reservas poderanse facer efectivas na billteira da Csa da cultura de luns a venres de 9:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:00 horas. A billeteira permanecerá aberta unha hora antes do inicio das sesión.
Este ‘Otuno rebuldeiro’ arrincará o día 17 de outubro con ‘Unha árbore ven a vernos no outono’, de Anxo Moure. Teatro Calavera achegará ata Vimianzo o seu espectáculo ‘A cabaza encantada’ o día 31 de outubro.
Xa en novembro, ‘O que levamos nas maletas’, de Magín Blanco e ‘Contos pola igualdade’, de Pedro Brandariz, pecharán a programación.
Todas as sesión estarán organizadas seguindo un estrito protocolo COVID e contarase con itinerario seguro. Será obrigatorio o uso da máscara sanitaria para o publico que acceda ao auditorio.
Funcións para os centros de ensino de Vimianzo
Os pases para as sesión dos días 19, 20 e 21 de outubro non se reservarán porque son funcións para os centros de ensino vimianceses. ‘Rosa Caramelo e outras historias’, de Talía Teatro; ‘A verdadeira historia de Hamelín’, de Mere Clown e ‘Espantamedos’ con Inacio Vilariño, de Fantoches Baj, serán as tres representacións matinais.