Concello de Vimianzo
28 de novembro de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Novas

01-10-2021

Vimianzo e Camariñas xa son oficialmente vilas irmandadas coa suíza Delémont

O Concello de Vimianzo  e o Concello de Camariñas xa son oficialmente vilas irmandadas coa suiza Delémont, capital do cantón de Jura. Ambas alcaldesas visitaron a localidade, e esta mesma tarde se reuniron co seu homólogo, Damiel Chappuis. Ata Suíza se desprazaron tamén o tenente de alcaldesa do Concello de Vimianzo, Víctor Muíño, e a concelleira de Servizos Sociais do Concello de Camariñas, Begoña Tajes.

Nesta zona, precisamente, residen centenares de persoas con pasado na Costa da Morte, feito que propiciou que estas tres localidades queden vencelladas desde hoxe e para sempre.

“Os vínculos con Camariñas e Vimianzo son sobre todo humanos! Dende 1960 os galegos abandonaron por causas económicas a súa terra natal para aterrar no Jura, e na actualidade preto de 350 veciñas e veciñas da serra son galegos, a maioría vencellados e vencelladas directamente con Camariñas e Vimianzo”, proclamaba Chappuis.

A alcaldesa de Vimianzo, Mónica Rodríguez, remarcou que “é un auténtico orgullo, e máis logo de pasar todo o que pasamos, tender pontes cunha sociedade tan similar á nosa e con tanta influencia galega”, sinalaba, á vez que aludía a que “un dos nosos obxectivos prioritarios á hora de facer política ten que ser a de unir, a de fomentar a convivencia e de facer fogar aló por onde imos”.

Sandra Insua, pola súa banda, subliñou a “relevancia deste acontecemento”, á vez que sinalou que “desde Camariñas, Vimianzo e toda a Costa da Morte a nosa porta estará sempre aberta de cara o futuro, máis esperanzador hoxe ca nunca”.

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- novembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
1
2
3
4
8
9
10
11
12
13
14
15
18
19
20
21
22
23
24
25
26
 

Perfil de contratante
Boletíns
Museo Virtual SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte Grupos de Acción Costeira
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X