29-09-2021
Vimianzo dará o pistoletazo de saída ao seu outono cultural coa representación de ‘Soga e Cinsa’ este sábado
O Concello de Vimianzo dará o pistoletazo de saída á programación do seu outono cultural coa representación de ‘Soga e Cinsa’ este mesmo sábado, 2 de outubro e ás 20:30 horas no Auditorio da Casa da Cultura.
Esta obra será executada pola compañía Aporía Escénica, cuxos integrantes están centrados en espectáculos de creación contemporánea, pretendendo explorar o universo da muller, a comunidade e a ecoloxía, así como desenvolvendo a súa propia linguaxe artística por medio da hibridación de tipoloxías escénicas que favorezan a potencia plástica dos corpos e os obxectos.
Poderanse mercar as entradas na billeteira da Casa da Cultura de 9:00 a 14:00 horas de luns a venres e tamén no enderezo web
www.woutick.es. Todos os espectáculos do programa están organizados baixo un estrito protocolo COVID-19 e será obrigatorio o acceso con máscara sanitaria ao recinto.