Nestes momentos non hai cursos pendentes de celebración no Concello
O Concello de Vimianzo licitou a execución do proxecto de reparación nos camiños rurais de Baíñas, Serramo, Berdoias e Calo, con financiación a cargo do Plan de Mellora de camiños municipais 2021/2022 do AGADER, e que conta cun orzamento total de 68.584,60 euros.
O estado actual das estradas obxecto deste proxecto é defectuoso, debido sobre todo ás persistentes choivas e ao paso de vehículos agrícolas de gran peso e tamaño. A superficie de rodadura, de zahorra natural, presenta discontinuidade, baches e pedras que supoñen un gran inconvinte tanto para o paso de vehículos como de peóns.
Por outra banda, as cunetas atópanse repletas de vexetacióne terra, e non cumpren a súa función para evacuar a auga da choiva, que a miúdo discrorre pola propia superficie das pistas agravando o seu deterioramento. Todas as actuacións se levarán a cabo na vía pública e non será necesaria a ocupación de fincas de titularidade privada.
Para a execución dos traballos, será necesario excavar un pouco as marxes dos camiños, limpar as cunetas ata a profundidade suficiente para canalizar as augas de escorrentía, pavimentar con zahorra artificial e perfilalos con motoniveladora, canalizar as cunetas e resolver a drenaxe transversal das pistas, impedindo así que acumule a auga.
O concelleiro de Obras, Miguel Ángel Pérez, anota que “estas catro intervencións súmanse as xa executadas previamente en Berdoias ou Treos, por exemplo, e son froito dun plan de continuación de renovación de infraestruturas do noso rural”, admite o edil.
Traballos na Gándara de Baíñas
O Concello de Vimianzo encargou un proxecto de control arqueolóxico para comprobar a zona da mamoa de Pedra do Altar, e confirmar si estes traballos afectarían a esta zona patrimonial.
Estableceuse, por isto, unha zona de protección integral perimetral para este elemento protexido e deixarase un tramo de máis de 30 metros de longo sobre o que non se proporá ningún tipo de actuación.
A área de protección estará perfectamente delimitada e balizada antes do inicio dos traballos, que por suposto se adaptarán ao que se establece no proxecto de control arqueolóxico.