Concello de Vimianzo
24 de novembro de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Novas

22-09-2021

Presentamos a programación de outono do Auditorio da Casa da Cultura

O Concello de Vimianzo presenta a programación de artes escénicas dos sábados de outubro a decembro no Auditorio da Casa da Cultura destinada a público adulto.

Nesta programación de outono  o concello  achega a Vimianzo  un total de 11 espectáculos, cofinanciados pola Rede Cultural da Deputación da Coruña ou pola Rede Galega de Teatros e Auditorios Agadic da Xunta de Galicia.

Unha vez máis achegaranse a Vimianzo figuras da talla de David Amor, Susana Dans,Evaristo Calvo, Patricia Vázquez, Miguel Pernas,Toño Casais, Tamara Canosa , Artur Trillo e moitas outras  figuras de referencia no teatro galego .
 
Dirixen estes espectáculos grandes nomes da Escena Galega como Candido Pazó, Quico Cadaval, Eduardo Alonso ou  GonÇalo Guerreiro.
 
A programación arranca o 2  de outubro,  co espectáculo teatral Soga e Cinsa a cargo de Aporía Escénica.

SOGA E CINSA, tríptico renacentista para 11 bruxas en 101min, aborda a Caza de bruxas en Europa nos séculos XV, XVI e XVII co obxecto de visibilizar o xenocidio que supuxo e a súa perversa conexión co desenvolvemento do sistema capitalista. Horror, humor, reflexión, plasticidade e emoción son as apócemas principais deste conxuro teatral.  Un equipo artístico sólido formado por un elenco de once actrices, tres delas bailarinas, cunha longa traxectoria, implicación e calidade interpretativa.Numerosos son os aspectos que fan de SOGA E CINSA unha peza coa súa propia singularidade, valor artístico e relevancia no panorama galego, nacional e internacional.

O día 9 de outubro Talía Teatro leva a escena A parábola do angazo, unha comedia dirixida por Diego Rey e protagonizada por Artur Trillo e Toño Casais,na que os dous intérpretes farán unha viaxe pola historia da nosa lingua, a través dun diálogo fluído e cargado de humor, enlazando episodios do noso pasado para explicar o que sucede no noso presente.

Seguindo a liña iniciada en Bicos con lingua e Pelos na lingua volverá demostrarnos con esta nova proposta áxil e versátil, que a nosa lingua resistiu e resiste toda situación adversa. 

O 16 de outubro  será a quenda da compañía Elefante Elegante co espectáculo Dreaming Juliet  inspirado na peza "Romeo e Xulieta" de W. Shakespeare para abordar a cuestión máis esencial da existencia humana: o amor, a paixón, a familia e a maternidade son os temas intrínsecos da obra e o teatro físico e visual a ferramenta da creación. A peza do dramaturgo inglés é un referente universal porque os seus protagonistas logo de amarse desenfreadamente teñen un funesto final. Dreaming Juliet pretende reflexionar sobre o futuro de Romeo e Xulieta caso non tivesen morrido. Que acontecería ao seu profundo amor se acabasen formando familia e tivesen que enfentar a rutina de tódolos días?

O día 23 de outubro  será a quenda de  Quico Cadaval que conta... Complexo de Edipo, un relato mítico que xa escoitaron oito mil colombianos e tamén tres mil setecentos africanos dos que tres mil eran canarios e no que o cómico de seguro  arrancará  risas do público.
 
Contraproducións recoñecida como unha das Compañías máis consolidadas de Galicia, achéganos a Vimianzo o 30 de outubro,Cigarreiras, unha gran produción con tres grandes importantes empresas teatrais do estado e na que comparten escena  sete recoñecidas actrices:  Susana Dans, Ledicia Sola, Ana Santos, Isabel Naveira, Tamara Canosa, Covadonga Berdiñas e Merce castro.
O Concello de Vimianzo  acolle esta montaxe para conmemorar o centenario do pasamento da novelista Emilia Pardo Bazán e na que  a compañía presenta unha relectura dunha das obras máis interesantes da autora: A Tribuna. A muller, o amor e os prexuízos de clase son os temas entorno ao que xirarán esta relectura, facendo fincapé no ambiente e primeiras loitas femininas das traballadoras da Fábrica de Tabacos da Coruña. E todo isto con un transfondo político onde se asiste ao ocaso dos Borbóns e á atribiulada proclamación da I República.
 
O 6 de novembro, Teatro da Ramboia, representa o espectáculo O meu mundo non é deste reino, é unha adaptación da "Farsa de Bululú" de Manuel María, unha parodia da ditadura franquista. A recuperación do título orixinal da obra serve para proxectar este laio silenciado no seu día. Hoxe, encabeza o espectáculo de novo para facer fronte a un pasado que insiste en repetirse.
O Concello de Vimianzo colaborou coa Casa-Museo Manuel María  no certame Manuel  María de proxectos teatrais e  o espectáculo  gañador foi O meu mundo non é deste reino.
 
O 13 de novembro, será a quenda para a compañía Teatro do Noroeste coa comedia de profundo contido social Gloria Nacional . O espectáculo achéganos a unha reflexión sobre  o mundo da arte e a súa influenza na sociedade e na política. Escrita e dirixída por Eduardo Alonso, Gloria Nacional conta con Luma Gómez, Miguel Pernas e Manuela Varela.
 

No mes de novembro destaca o espectáculo Costureiras  da compañía Tarabela Creativa  dentro da programación especial  para  conmemorar o  Día Internacional Contra a Violencia de Xénero.

As “costureiras” Ángeles Goás e Caxoto Díaz  recrearán o quefacer das costureiras a través da narración oral, fiando unhas historias con outras. A vida das costureiras era a vida de mulleres en casas alleas mentres levaban a cabo a súa laboura. Era a vida nos camiños dunha casa á outra. Enriba das súas cabezas carregaban a máquina de coser e debaixo da máquina; mil cousas que pensar... mil cousas que contar.

 

Pecha o mes de novembro,  o sábado 27, o coñecido cómico e actor David Amor e  nesta ocasión  presenta en   Vimianzo Love está en el aire ,diversión garantizada  no auditorio vimiancés.
 
O día 4 de decembro  a compañía Xa universos de momentos  achega a Vimianzo o proxecto  artístico de danza dirixído por  Xián Martínez Pioneras. Esta peza  é  a homenaxe ás pioneiras, ás que empezaron a loita pola igualdade e acompaña ás que continúan na loita e conmemora ás que non tiveron  a oportunidade de vencer.  “The power of women” vai ser interpretada por un equipo de nove magníficas  bailarinas e entre elas 3 galegas.  De  maneira transversal nesa semana   a compañía desenvolverá actividades específicas  para achegar o mundo da danza aos escolares e a toda a veciñanza. 
 
Pecha a  programación de outono  o 11 de decembro coa compañía Producións Teatráis Excéntricas que nos achega  a Vimianzo a súa última  montaxe Estrela do Día,unha comedia divina, chea de cor, de música, de misterio e de humor. A palabra poética dos códices foxe do libro e encárnase na escena. As personaxes saen das miniaturas medievais e chegan aos nosos días da man e do talento de Evaristo Calvo, Rocío González, Victor Mosqueira e Patricia Vázquez.
 
As representacións deste outono cultural ,destinadas a adultos serán  os sábados ás 20:30h.e a billeteira abre unha hora antes do inicio do espectáculo.
 
Nesta tempada  como novidade a venda anticipada será a través de www.woutick.es ( gastos de  xestión  incluídos)  ou na billeteira da Casa da Cultura de luns a venres de 9:00 a 14:00h.

Estará á venda na Casa da Cultura un bono para os 10 espectáculos ( non inclúe espectáculo de David Amor) por  37,50€ e haberá descontos para maiores de 65 anos e para estudantes  acreditados.

O prezo de entrada é de 5 euros (  reducida 2.50€).

O espectáculo de David Amor   ten un  prezo entrada de 10€ (venda www.ataquilla.com

Para o acceso ao auditorio deberá cumprirse o itinerario seguro e a obrigatoriedade de máscara hixiénica. 

O público infantil e familiar tamén ten o seu oco na programación do auditorio,outono rebuldeiro que se presentará nos vindeiros días.

Descargas

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- novembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
1
2
3
4
8
9
10
11
12
13
14
15
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 

Perfil de contratante
Boletíns
SEA- Suelo Empresarial del Atlántico
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X