Nestes momentos non hai cursos pendentes de celebración no Concello
O Concello de Vimianzo vivíu a noite do sábado unha xornada do máis especial e cativadora coa ruta nocturna polos Petróglifos de Somontemio, Prado da Cruz e na que tamén se puido contemplar a Cruz do Loureiro.
Tivo lugar esta actividade, unha andaina circular de 4,4 quilómetros de lonxitude con saída ás 21:30 horas da praza do Concello na que se esgotaron as inscricións moito antes do límite para facelas efectivas.
Contouse coa inestimable colaboración de David Roget e de distintos membros do colectivo A Rula, quenes colaboran na organización desta actividade. As persoas participantes, a petición do Concello, armáronse con lanterna e calzado axeitado para camiñar polo monte.
Tivo unha duración estimada de tres horas, aproximadamente e tratouse dunha andaina incluída na Ruta dos Segredos do Val de Vimianzo.